O número de aplicacións destinadas ás persoas con TEA non deixa de crecer debido á gran cantidade de profesionais que traballan nesta liña. Entre estes profesionais atópase un grupo de persoas que configuran Aplex Factory, a división para o desenvolvemento de aplicacións propias de Grupo Promedia SMPE. Este post pretende destacar un proxecto de creación de aplicacións que utilizan como base os pictogramas co propósito de axudar a persoas con dificultades de expresión na linguaxe oral a progresar na comunicación e comprensión de coñecementos a través das tecnoloxías. Todas elas gratuitas e de libre acceso.

As aplicacións deseñadas por este grupo son:

1. Pictojuegos.
2. Pictoagenda.
3. Pictocuentos.
4. Pictotraductor.
5. Pictosonidos.
6. Wikipicto

Na súa páxina web podedes atopar unha pequena explicación de cada unha delas, así como acceder ás aplicacións. A páxina web é a seguinte:

https://www.pictoaplicaciones.com/

Actualmente, coa colaboración da Fundación Barrié, este grupo atópase traballando nunha nova aplicación, "Pictoeduca", pensada especialmente para o profesorado, que sairá dentro de algún tempo. A idea é crear unha aplicación que permita crear e compartir unidades didácticas adaptadas. Para saber algo máis desta aplicación podedes consultar o seguinte enlace:

http://pictoeduca.com/demo/

Como sempre agradecer ao colectivo de persoas que adica tanto traballo a que estas aplicacións poidan ser unha realidade.

Anímovos a que lle botedes unha ollada a páxina e a que utilicedes as súas aplicacións.