Para dar algo de continuidade á información que se facilitou na anterior publicación proseguimos facendo referencia á aplicación das TICs coas persoas con TEA.

Se ben na última publicación se fixo referencia a un buscador de aplicacións, nesta achégase un enlace a través do cal é posible descargar un documento informativo sobre aplicacións a utilizar coas persoas con TEA.

Este documento, elaborado no curso 2016-2017 por un grupo de traballo conformado por mestras/es de pedagoxía terapéutica, mostra unha serie moi ampla de aplicacións variadas. Xunto con cada aplicación achégase unha pequena descrición da aplicación, o enlace para a súa descarga, unha valoración e observacións sobre utilidade, funcionalidade, etc.

Recollen información sobre preto de 110 aplicacións distribuidas nas seguintes categorías:

A descarga do documento pode realizarse a través da páxina da Asociación BATA (Vilagarcía). No seguinte enlace, dentro do apartado “documentos de interés”, faise click en “Tabla Grupo traballo TICs e TEA”:

http://www.autismobata.com/descargas.aspx?

Nesa mesma páxina existen outros documentos interesantes que vos animo a revisar, entre eles, e moi especialmente, pensando no profesorado, o “Protocolo TEA” (Protocolo elaborado pola Xunta de Galicia para a atención educativa do alumnado con TEA).

Por último, agradecer ao Grupo de Traballo un documento tan interesante...

Espero que a súa información vos resulte tan útil como a min.