Foron moitas as dúbidas sobre o recurso co cal sería máis convinte estrear este blog. Finalmente optei por presentar un recurso que me impactou especialmente: a páxina web www.appyautism.com.

Tendo en conta a afinidade que as persoas con TEA teñen para utilizar as Tecnoloxías da Información e Comunicación, son numerosas as aplicacións que nos últimos anos cobraron forma. Con isto, buscar especificamente aplicacións para traballar determinados obxectivos pode resultar complexo e dificultoso. Para facilitar este proceso de búsqueda, o recurso que aquí se presenta, desenvolto pola Fundación Orange e iAutism, é un buscador de aplicacións para as persoas con TEA.

Este buscador permite localizar aplicacións en función dunha serie de criterios: idioma, tipos de dispositivos, categorías (comunicación, aprendizaxe, ocio, apoio, emocións e comportamento social e recursos para pais e profeisonais), idade, precio… permitindo ademais incluír palabras clave que faciliten a búsqueda.

Atopada a aplicación que nos interese, o buscador ofrece información da mesma e en ocasión imaxes, un vídeo tutorial e un enlace externo a través da cal podemos descargar a aplicación. O buscador non permite realizar a descarga.

Anímovos a visitar e indagar na páxina web. De uso moi sinxelo e con valiosa información facilita atopar aplicacións a partir de criterios tan importantes como os obxectivos que se persiguen coa súa utilización.