Aínda que descoñecida, é moi abundante a cantidade de recursos que nos ofrece internet para favorecer a inclusión socio-educativa das persoas con TEA. Debido a súa dispersión, chegar a ela require de moito tempo de búsqueda.

A miña experiencia indagadora ao longo destes últimos dous anos traballando nunha tese de doutoramento en Materiais Curriculares e Autismo permitiume achegarme a numerosos rincóns online onde se almacenan recursos moi variados sobre o TEA.

A idea deste blog e ir achegando periodicamente información sobre recuros para favorecer a inclusión socio-educativa das persoas con TEA (material educativo, páxinas web de onde obter material educativo, protocolos e guías para a atención das persoas con TEA, Apps interesantes, Blogues, páxinas de asociacións onde obter formación...).

En moitas ocasións os contidos que se acheguen estarán pensados para o ámbito educativo, sen embargo trataranse recursos pensando en moi diversos contextos.

Hai moita xente facendo cousas increíbles polas persoas con TEA. A través deste blog espero facérvolas chegar e entre todos mellorar así a atención das persoas con Trastorno do Espectro Autista.

Acompáñasme?