Culturizatea

O coñecemento do Trastorno do Espectro Autista (TEA) dos profesionais de centros públicos-culturais da Deputación da Coruña e proposta de plan de formación para o seu coñecemento.

   

                                                                                                                                                                                                                                                                                                 Resultado de imagen de simbolo autismo         










Ola, o meu nome é Marcos Pinaque Varela, estudante de doutoramento na USC. Estou a realizar a miña tese doutoral sobre o Autismo e os Materiais Curriculares.


Esta web nace no marco dunha investigación financiada pola Deputación da Coruña na que se pretende dar resposta á pregunta ¿que saben os profesionais dos centros público culturais da provincia da Coruña sobre o autismo? Para facer viable a investigación cos recursos dispoñibles reduciuse o espectro de centros a investigar,  quedando os seguintes: centros educativos, bibliotecas, museos e a universidade (para saber máis sobre a investigación abrir a pestana "investigación").


Realizada, nun primeiro momento, a investigación (os detalles sobre a mesma iranse incluíndo na web), atopámonos agora na fase de formación que involucra varias accións:


  1. Creación dunha páxina web

  2. Elaboración dunha guía didáctico pedagóxica

  3. Organización dunha xornada formativa

  4. Organización dun curso gratuíto online


A presente páxina web nace, por tanto, do interese de transmitir a todas as persoas que o desexen información (e formación) básica en temas relacionados co Trastorno do Espectro Autista coa fin de lograr unha sociedade máis inclusiva onde todos colaboremos para lograr que ninguén sexa excluído.


Indagando a través dela atoparedes información e recursos sobre o TEA, información sobre a Xornada Formativa (20 de maio de 2017), unha guía didáctico pedagóxica de descarga gratuíta e a posibilidade de realizar un curso online gratuíto. Ademais, a páxina irase actualizando para recoller as novidades que vaian xurdindo con respecto ao propio proxecto.


Espero que CULTURIZATEA sexa capaz de contribuir a visibilización, a sensibilización e a formación nos temas relacionados coa inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro Autista. 


Un cordial saúdo.

Marcos.

Investigación
Volver

Presentación

O coñecemento do Trastorno do Espectro Autista (TEA) dos profesionais de centros públicos-culturais da Deputación da Coruña

A inclusión social das persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) depende de todos e todas. O presente traballo parte da idea de que o coñecemento sobre o TEA dos profesionais do ámbito público que diseñan, desenvolven ou participan en actividades nas que poden estar inmersos persoas con estas características é un factor determinante para lograr a inclusión destas persoas na sociedade.

Un axeitado coñecemento do trastorno permitirá aos traballadores: socializar coas persoas con TEA, adaptar os espazos ás súas necesidades, seleccionar e utilizar os materiais e recursos máis axeitados, diseñar e colocar apoios visuais adaptando ás infraestructuras as necesidades das persoas con TEA, en definitiva, adaptar a situación ás características das persoas con TEA permitíndolles disfrutar dun dereito inalienable ás persoas, o acceso á cultura.

A investigación que se presenta ten por obxectivo indagar sobre o coñecemento que profesionais do ámbito público da Deputación de A Coruña  teñen acerca do Trastorno do Espectro Autista (TEA) co fin de comprobar si a afirmación realizada pola FESPAU (Confederación Española de Asociacións de Pais e/ou Tutores de Persoas con Autismo), que sinala que o TEA segue a ser un trastorno relativamente descoñecido é aplicable a un grupo poboacional cuxa formación neste tema é indispensable para favorecer a inclusión social das persoas con TEA. 

A mostra  seleccionada para desenvolver o estudo correspóndese co persoal que traballa en centros  públicos relacionados co ámbito da cultura tales como bibliotecas, centros educativos, museos e a Universidade. 

Para levalo a cabo elaborouse un cuestionario (instrumento de investigación) validado por dúas profesoras universitarias (a doutora Mariela Resches Zlotnik da USC e a doutora María Dorinda Mato Vázquez da UDC).  Realizadas as modificacións pertinentes por recomendación de ambas profesoras e validado o instrumento, procedeuse a poñerse en contacto coas distintas institucións ás que se realizaría o envío.

O cuestionario enviouse vía correo electrónico en formato google.forms. Pódese acceder a él a través do seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdQudZcjrOL7EJVBC7PLwzjfdNAWCZ2PyUI3qfI1M2KzUmiMA/viewform

Como se pode ver, o cuestionario estrutúrase en dúas seccións. Unha primeira que recolle preguntas relacionadas coas características socio-demográficas (a súa contestación non supón romper co anonimato), e unha segunda na que se formulan 23 preguntas (e dous engadidos marcados cun asterisco) sobre o Trastorno do Espectro Autista. Estas 23 preguntas pretenden abarcar 5 bloques ou dominios: 


  1. Dominio 1: Características das persoas con TEA

  2. Dominio 2: Inclusión social das persoas con TEA

  3. Dominio 3: Comorbilidades

  4. Dominio 4: Valoración das persoas con TEA

  5. Dominio 5: Formación en TEA


Actualmente, xa pechada a data límite de resposta ao cuestionario, contamos con 132 respostas provenientes de traballadores das diferentes institucións. O seguinte paso é realizar o análise das respostas mediante a utilización do programa SPSS e obter as conclusións do estudo. Os resultados presentaranse nesta páxina web e tamén nun momento da Xornada Formativa que terá lugar o día 20 de maio no Concello de Ames (para ver máis sobre a Xornada non deixedes de ver a pestana de Xornada Formativa).


Volver

Resultados

Volver

Conclusión

Autismo
Volver

¿Que é o TEA?

¿Que é o TEA?

DEFINICIÓN

O Trastorno do Espectro Autista (TEA) é unha alteración do desenvolvemento neurolóxico que afecta ás competencias comunicativas e sociais así como ás habilidades de simbolización e flexibilización. 

Ao falaren de TEA faise referencia a un continuo, é dicir, a un conxunto de síntomas altamente heteroxéneos que implica que individuos cunha mesma diagnose poidan variar enormemente nas súas características externas (dependendo do nivel de afectación nos componentes do desenvolvemento social, comunicativo lingüístico, da flexibilidade e a simbolización, da presencia e grado de discapacidad cognitiva, etc.) (Anguiano e Lay, 2014) acompañándose nun 75% de “retraso mental” (Wing, e Gould, 1979). 

A persoa con TEA, por norma xeral, non presenta ningún rasgo físico característico, polo que, pese a sintomatoloxía anteriormente mencionada, resulta complexa a comprensión dos esforzos cos que afrontan os retos do entorno. Sin embargo, as características das persoas con TEA, como mencionamos con anterioridade, implican dificultades para o desenvolvemento das capacidades comunicativas e sociais, polo que a súa inclusión  social dependerá do grao de adecuación do medio (tanto das persoas como dos espazos) ás súas necesidades.


PREVALENCIA


Os estudos que analizan a prevalencia dos TEA nos nenos/as amosan resultados dispares variando considerablemente dependendo do país ou incluso nas distintas zonas do propio país analizadas. Segundo datos do CDC (Centers for Disease Control and Prevention) a prevalencia do autismo sitúase ao redor de 1/80 a 1/225 nos EE.UU en función dunhas zonas e outras do país. Concretamente un estudo de Christensen D.L. (2012) desenvolto en EEUU no ano 2012 sitúa a prevalencia, á idade de 8 anos, nun de cada 68 rapaces e rapazas.  Según datos da Confederación Autismo España (2015) hai no territorio español máis de 450.000 persoas con TEA. Como vemos a prevalencia é variable segundo os estudos, sen embargo a análise de diferentes investigacións parece demostrar que nos últimos anos triplícase e incluso se cuadriplica polo que, a percepción inicial de que o TEA se trataba dun “problema” menor era unha concepción erronea (magister, s/n). 


CAUSAS


Na actualidade a evidencia científica plantea unha visión multifactorial por interacción de diversos factores xenéticos e ambientais sin que todavía se coñezan específicamente estos elementos e a súa posible conexión. Recúrrese a múltiples teorías que explican as causas do autismo, posicionándonos todavía frente a un síndrome de causa descoñecida (Bristol & Spinella, 1999). 

Sin embargo son moitas as investigacións que se están levando a cabo na actualidade para identificar as causas do autismo. 





Volver

Recursos

Xornada Formativa

Xornada Formativa
Volver

Presentación

I XORNADA FORMATIVA

 A INCLUSIÓN SOCIOEDUCATIVA  E O TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA (TEA) 


Esta primeira xornada de sensibilización e formación en autismo nace co obxectivo de reflexionar sobre o proceso de inclusión socioeducativa das persoas con TEA. Nela darase conta dos resultados da investigación mencionada, realizarase unha achega conceptual ao TEA e analizaranse diversos recursos e estratexias de intervención socioeducativa promovidas en distintas institucións público-culturais da Deputación da Coruña.


Obxectivos  


  • Informar sobre o grao de coñecemento que os traballadores das institucións culturais teñen sobre o TEA 

  • Promover a sensibilización e formación de ditos traballadores para a inclusión social das persoas con TEA

  • Crear un espazo de intercambio de información sobre boas experiencias e recursos para a inclusión das persoas con TEA nas bibliotecas, os museos, os centros educativos e a universidade entre diferentes profesionais

  • Favorecer un encontro entre diferentes institucións (bibliotecas, centro educativos, universidades e museos), procurando, en conxunto, formular propostas de inclusión, equidade e igualdade


Data de celebración
20 de maio
Lugar de celebración
Concello de Ames
(Auditorio da Casa de Cultura de Bertamiráns)
Destinatarios
Aberto a todo o público
Procedemento de inscrición
A través do enlace de debaixo da táboa
Data límite inscricións
15 de maio
Prezo
Gratuíto


https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfP9MEgzZotFxg6nLKqiWLymYksgGwjrsqB56q3SmI7oNaPVg/viewform



Resultado de imagen de logo ames                                           





PROGRAMA


Mañán

 

  • 09:15 - 9:45 Recepción e entrega de material
  • 09:45 - 10:15 Inauguración: Goretti Sanmartin (Vicepresidenta da Deputación da Coruña), David Santomil (Concelleiro de Educación do concello de Ames), Marcos Pinaque (investigador predoutoral USC), Xesús Rodríguez (profesor da USC), Montse Castro (profesora da UDC).
  • 10:15 - 11:15 Conferencia Inaugural: “Estado da cuestión sobre o TEA nas institucións socioeducativas dos concellos da Deputación da Coruña”. Marcos Pinaque Varela
  • 11:15 - 11:45 Pausa para café. 
  • 11.45 - 12:45 O Trastorno do Espectro Autista. Cristina Couto Pena. Psicóloga Federación Autismo Galicia. 
  • 12:45 - 13:30Proxección do documental “Paxaros de Algodón”. Xosé Manuel Felpeto e Roberto Rego


Tarde


  • 16:30 - 17:45 Mesa de Experiencias e Propostas de Inclusión Socioeducativa. Clara Rodríguez (educadora de museos). María Carmen Arceo Tourís (monitora de apoio no CEIP BAROUTA), Estefanía Estévez Cacheiro (educadora social, integrante do grupo de traballo “CEESG en Diverdade”). Moderadora: Mariela Resches (profesora USC) 
  • 18:00 - 19:15 Mesa de Experiencias e Propostas de Inclusión Socioeducativa. Carolina Becerra Cerqueiras (nai de dous mellizos con TEA) Daniel Blanco Carpente (Orientador do CEIP de Roxos e Raíña Fabiola), Yesshenia Vilas Merelas (Profesora e Investigadora da USC e asesora de centros educativos na temática das NEE). Moderadora: Montse Castro (Profesora UDC)  
  • 19:15 - 19:30 Acto de clausura. 



*Entregarase certificación de asistencia aos participantes (non homologable)


                                                                                                                            



Volver

Memoria

Curso Online

Curso Online
Volver

Presentación

EN CONSTRUCIÓN

Volver

Curso

Guía didáctico-pedagóxica

En construcción

Formulario de Contacto
Volver